sábado, noviembre 28, 2009

Crise e premios

É impresión miña ou este ano non se convocaron algúns dos premios literarios máis coñecidos do país? Houbo Terra de Melide? E Repsol? E Lueiro? Alguén sabe algo do Blanco Amor? Chegou tamén a crise a este sector? Que farei con todo o diñeiro que vou aforrar en fotocopias?

8 Comments:

Blogger Chousa da Alcandra said...

Levas razón, que o aforro en fotocopias pode ser considerable.
Da gusto ver como se pode de xeito doado, tirarlle cousas positivas a unha noticia mala en sí mesma.

Saúdos dende a Chousa

9:16 p. m.  
Blogger Mario said...

Non deixa de ser un rumor, pero creo que bastante fundado: o Repsol cancelárono porque a petroleira acusou a crise e seica lle doían os cartos do premio. O Lueiro está bastante mal publicitado nos últimos anos, seguro que se convocou, pero a saber onde e como.

5:14 a. m.  
Blogger folerpa said...

Veloos, non é adaptación cinemátográfica de Festina,xa me gustaría.É outra cousa que esta semana se fará pública.
O Lueiro deste ano fallouse o seis de abril no Grove e gañouno An Alfaya cunha extraodianria novela Areaquente que xa tirou do prelo Sotelo Blanco. O Blanco Amor non sei a que Conclelo lle tocaba, pero adoita convocarse nos primeiros días de Nadal. Agardemos pois.
Melide e Repsol polo que eu sei pasaron a mellor vida.

10:49 a. m.  
Anonymous Mr Tichborne said...

Que eu lembre, si houbo Melide e Lueiro Rey, Blanco Amor coido que tamén ou sairá axiña, Repsol non. Mais si: a crise afecta e os organizadores (decote pequenos concellos) ofrecen menos certames e con peor dotación.
Algúns, como dixeron aí arriba, están moi pero que moi mal publicitados, hai que rañar moito para atopar as convocatorias.
Sorte coas fotocopias.

3:02 p. m.  
Blogger Sara Fidiró said...

Razão positiva quanto à questão. Ha que considerar. Gostei do blogue. bjs

9:25 p. m.  
Anonymous Fermín said...

O de Repsol, se Mario leva razón, é de premio.

12:55 a. m.  
Blogger A lareira de Santiso said...

O Terra de Melide pasou a ser bianual. Non o houbo en 2009 pero si se convocará en 2010.
O de 2008 gañouno Jaureguízar

2:06 p. m.  
Anonymous mbt outlet said...

mbt shoes uk,mbt shoes london,mbt shoes uk sale,mbt sale uk,mbt footwear uk,mbt shoes uk clearance,mbt shoes sale,mbt sale,mbt uk shoes

mbt outlet,mbt outlet uk,mbt outlet store,mbt shoes.

Burberry outlet,Burberry outlet Store,Burberry outlet UK,Burberry outlet online UK sale Burberry Bags,Burberry scarf,trench coat, save 67% Off!

all star converse,all star converse prezzi,scarpe converse all star

new era france,Le magasin de France pour New Era Caps,Trouvez une grande variété de Casquettes New Era avec Livraison gratuite disponible dans le village de chapeaux,new era soldes en France online!

4:16 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home